Tecidos para o deseño
de interiores
En Ontario Fabrics encontrará á súa disposición unha ampla e exclusiva selección de tecidos para a decoración de interiores das seguintes marcas: Englisch Dekor, V&N Interiors, Wind Exclusive Design, sen esquecermos a distinguida firma italiana Loro Piana Interiors.
Pode atopar tecidos de fibras naturais como o liño, o cánabo, o algodón, o xute, a la meiriña, a caxemira, a alpaca Suri ou a seda. Tamén temos tecidos de fibras sintéticas, entre os que destacan os tecidos de exterior ou ignífugos, e tecidos técnicos con certificación acústica ou térmica, entre outros.
A paixón polas calidades como premisa e a busca das mellores materias primas do mundo son o testemuño e o compromiso de Loro Piana para responder ás necesidades do público máis exixente. Estes valores son a xénese de Loro Piana Interiors, a división creada en 2006 para a decoración de interiores.
V&N Interiors é un editor toscano fundado por Silvia Nerli e Gabriele Viti coa intención de trasladar o seu amor polos materiais naturais a unha realidade empresarial. A súa colección céntrase en liños da máxima calidade, ás veces mesturados con outras fibras nobres, producidas sempre de forma íntegra en Italia.
WIND Exclusive Design é un editor belga fundado no ano 1954 pola familia De Zutter. A combinación da selección de materiais de alta calidade, a creación de deseños innovadores e contemporáneos e o uso dunha esmerada e estudada carta de cores son o selo dos seus distinguidos tecidos.
Englisch Dekor é unha empresa familiar austríaca, especializada en tecidos ignífugos, que fundou Eduard August Englisch en Viena en 1866. No ano 1902 a familia Fleischman tomou a remuda e recentemente uniuse á empresa a quinta xeración. Na actualidade ofrece a maior selección de tecidos ignífugos de Europa, con máis dun millón de metros en stock e más de 5000 artigos diferentes na súa colección.
Sant Jordi, 49
E-08205 Sabadell (Barcelona)
TEL +34 93 745 18 16